O Museo do Pobo Galego acolleu a recepción oficial aos 134 galegos do programa Reencontros na Terra
 
O secretario xeral da Emigración gabou o traballo realizado pola diáspora e afirmou que "a Galicia actual e moderna que estades a coñecer é consecuencia, en gran parte, dos esforzos realizados polas persoas que un día emigrantes". Foi no Museo do Pobo Galego, no transcurso dunha recepción aos participantes do programa Reecontros na Terra deste ano, no que toman parte 134 galegos na diáspora
 
 
 
 
 
 
8 de OUTUBRO de 2014: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e maila directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González Méndez, presidiron no Museo do Pobo Galego a recepción oficial aos 134 participantes na edición deste ano do programa Reencontros na Terra.
Participan nesta edición un total de 134 persoas, este ano procedentes de cinco países latinoamericanos: Arxentina, Uruguai, Venezuela, Brasil, e Cuba.

Miranda transmitiulles o recoñecemento e agarimo de toda a sociedade galega ao traballo e esforzo realizado polas galegas e galegos do Exterior ao longo das últimas décadas: "Esta Galicia actual e moderna que estades a coñecer é consecuencia, en gran parte, dos esforzos realizados por todas e todos, polos que quedaron pero tamén polos que un día emigrastes e plantastes a semente da Galicia universal", asegurou o secretario xeral.

A finalidade desta iniciativa da Xunta é que os participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, social, gastronómico, ou folclórico, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias, e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. As solicitudes foron avaliadas seguindo os criterios de percepción da pensión asistencial por ancianidade do Estado español, e a idade do solicitante, segundo o baremo descrito na correspondente convocatoria publicada no DOG.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Xa se atopan en Galicia os 134 do programa Reencontros coa Terra da Xunta de Galicia  
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA